Infolitic Transparent Wallpaper Crystal
Recicla para un neno responsabilidade social

Contacta agora mesmo e participa no proxecto

Conexión cifrada e segura garantida vía SSL Os teus datos están seguros e non serán compartidos con terceiros. Podes exercer os teus dereitos en calquera momento contactando con nós. Ó enviar este formulario aceptas o noso aviso legal e a nosa política de privacidade.
Gostaríame moito estar ó día de todas as iniciativas, proxectos ou productos de Infolitic polo que acepto recibir información polos medios de contacto que aporto.

Recicla para un neno

¿Tes un ordenador que non usas e non sabes que facer con él?

Regálallo a un neno

Borrarémo-la túa información de forma segura e instalarémoslle programas educativos para doarllo a un neno

O Proxecto

Sabemos que moitas veces os ordenadores tíranse antes de que sexan inservibles realmente e coñecemos a forma de alongarlles a vida un pouquiño máis.

Doutra banda tamén somos conscientes de que hai moitos nenos hoxe en día que non teñen a posibilidade de acceder a un computador por falta de recursos económicos das súas familias.

Esta e unha campaña de reciclaxe de computadores de forma que a xente que xa non use un equipo no canto de tiralo, cédao, para que un neno poida aprender e educarse con el.

O Doante

A persoa que desexe doar un equipo a un neno pode facelo no punto de recollida.

A doazón pódese facer anónima ou dando o consentimento de ceder os datos ó rapaz que reciba o equipo doado, co fin de poder manter una relación no futuro, no caso de mutuo acordo.

A persoa que doa un ordenador poderá saber en todo momento a situación na que se atopa o equipo doado e se lle notificará por email se o ordenador se lle regalou a un neno ou si pola contra procedeuse ó seu reciclaxe no punto limpo.

O Equipo Doado

Faremos unha selección dos equipos que realmente teñan posibilidades de reutilización e cos outros nos encargaremos do seu correcto reciclaxe no punto limpo.

Preparamos todos estes equipos informáticos e os poñemos a punto cun sistema GNU/Linux, cun paquete de programas educativos, para poder darllo a un neno que o necesite e que poida mellorar a súa vida e a súa adaptación á sociedade.

O Receptor

Un nen@, de idade comprendida entre 6 e 12 anos, con dificultades económicas beneficiarase dun ordenador no que se instalará un paquete de programas educativos.

Ademais impartiráse un curso para estes nen@s onde aprenderán a desenvolverse co seu novo equipo.

A parte do labor social indubidable tamén estás a colaborar co teu grao de area ao problema ambiental tan grande que está a sufrir o noso planeta.

En Infolitic utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios que nos ayudan a mejorar nuestros productos y servicios. Puede obtener más información aquí. Si continúa navegando entendemos que acepta nuestra política de cookies.